Dende fai un par de meses contamos no noso concello cun circuito de motocross, concretamente na parroquia de Carballido e promovido polo motoclube Enduouro e parece ser que é o primeiro oficial de toda a provincia, cabe aclarar que para que sexa totalmente oficial faltalle o permiso do concello que polo que din as persoas que compoñen o clube dende o concello dirixido polo Pp non fan máis que poñerlles os maiores atrancos posibles, tanto é así que a día de hoxe ainda está o circuito sen licencia. Pero o que da moito que pensar e que o señor alcalde Emilio Lousas foi a inaguración do circuito a cal levou preparado un grandilocuente discurso, acode a inaguración dunha obra sen licencia a cal non fixo máis que poñerlle atrancos, ese parece ser o modo de actuar do noso alcalde, que os veciños xuzguen si e correcto ou non.
O verdadeiramente importante é que ahora temos en Alfoz e no Val do Ouro un circuito de motocross, un circuito no que poderán adestrar os numerosos afeccionados a este deporte que temos nos dous concellos do Val, e parece ser que somos pioneiros neso na provincia de Lugo, xa que é o primeiro clube de toda a provincia en contar cun circuito, algo que como veciño de Alfoz me alaga.
Lastima que o clube só contara con apoio de Bng e que non se sumara tamén o concello que sabía do proxecto desde o seu comenzo pero demostrou que non lles interesan as cousas boas para o concello cando non son eles quen as promoveron como demostraron nesta ocasión, a quen si lle está agradecida a xente do clube é o Bng de Alfoz, gustaríame saber que parte do éxito é deles pero en todo caso sempre é positivo que os partidos que estean na oposición fagan todo o posible para que o concello mellore.
martes, 11 de agosto de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario