martes, 4 de agosto de 2009

...Na actualidade.

Na actualidade a vida da política municipal pódese decir que se atopa nun estado de continuidade e sin moitas novidades;
O Pp continúa no goberno con maioría absoluta tras moitos anos de goberno, con novo alcalde pero coa mesma xente que xa estivo no goberno durante moitos anos, sufre descenso de votos dende fai moitos anos en cada municipais, nas últimas perdeu un concellal pero o desgaste non parece suficiente de momento para que perdan a alcaldía.
O PSOE que parece a alternativa natural leva anos na oposición, dos cales moitos deles foron en soitario, continua a mesma xente dende fai tempo e parece ser que sin moi bos resultados xa que polo de agora nunca tocaron goberno municipal en Alfoz, tiñan 3 concellais e aumentaron un nas últimas municipais.
O Bng, o último partido en aparecer na corporación, ten un concellal, quizáis represente a verdaderia renovación para Alfoz, leva anos que medra en cada eleccións que se celebran no concello mentres Pp e PSOE baixan pero de momento non e suficiente o ascenso para que poidan chegar a gobernar.

1 comentario:

  1. Boas,agrádame que haxa xente que mostre interese polo que pasa no noso concello. Coido que ninguén pode estar alleo a situación política actual, pois se hai xente, que coma mín, quere seguir vivindo e desenrolando a vida no concello onde naceu e se criou necesitamos que moitas cousas cambien.
    un saúdo

    ResponderEliminar